O BNG conmemorou os 100 anos das Irmandades da Fala

logo bngIrmandades da Fala: 100 anos de nacionalismo galego na Estrada

O BNG da Estrada conmemorou hoxe venres na Praza do Mercado, ás 21 horas, os 100 anos das Irmandades da Fala, recordando aos estradenses que formaron parte da primeira organización nacionalista galega.

Neste acto @s nacionalistas galegos leron textos de Antón Losada Diéguez, de Manuel García Barros e de Luís Porteiro Garea, cuxa vixencia política e cultural aínda hoxe segue vixente 100 anos despois.

Tamén tiveron un recordo para outros membros da Irmandade da Fala que conformaron un grupo heteroxéneo, entres os que había enxeñeiros, mestres e comerciantes, entre os que se atopaban, ademais dos antes mecionados, José Alonso Rey, Manuel Bergueiro López, R. Castro Dono, José Constenla Rodríguez, José Torres Fondevila, Maximino Matalobos Loureiro, Bernardo Mato Castro, José Otero Abelleira, José Otero Botana, Carlos Pardo Ciorraga, B. Pio Losada, Perfecto Porto Fraiz, Rogelio Rivero, Jesús Rivas
Carollo, Manuel Torres Agrelo, Rafael Varela Pazos e Albino Vila Fernández, entre outros. Todos eles tiveron unha intensa actividade cultural e mesmo política, xa que mesmo concorreron ás eleccións municipais.

O acto, que estivo conducido por Xoán Carlos Garrido Couceiro, coñecido na Estrada pola súa actividade como historiador, así como activista cultural, procurou vincular as Irmandades da Fala co nacionalismo galego actual, e en concreto co BNG, xa que sen os pioneiros e pioneiras que deron ese importante paso hai 100 anos, o nacionalismo galego hoxe seguramente non tería lugar.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta