A Asociación Vagalumes cambiará o letreiro da rúa "Capitán Bernal" por "Mártires da Estrada" este domingo

Mañá Domingo, 5 de xuño, é o día dos mártires da Estrada en conmemoración polo fusilamento do alcalde e demais membros da corporación e veciños caídos ese día. E con este motivo desde a Asociación Cultural «Vagalumes» imos proceder a corrección do letreiro da rúa Capitán Bernal, o cal a pesares de terse acordado en pleno municipal
retirar, aínda hoxe segue a figurar no noso rueiro.

O desleixo do Concello a hora de executar os seus propios acordos ten que ser substituído pola iniciativa cidadán que asume a ausencia das institucións que lle corresponden exercer estas funcións a hora de cumprir a lexislación vixente nesta materia (lei 52/2007, no seu artigo 15.1).

No lugar deste nome que exalta a un criminal franquista que tiña como único mérito relacionado co noso Concello o ter ordenado que se incendiara senón se rendía, temos a intención tamén de cumprir a vontade dos últimos representantes democráticos do noso pobo cando pediron nunha carta expresa que se lle puxera unha rúa co nome «Mártires da Estrada».

A rectificación do nome levarase a cabo mañá domingo 5 ás 12:00 h.

Asociación Cultural Vagalumes

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta