A Fervenza de Ouzande celebra o 15 aniversario

CARTEL FESTA ANIVERSARIO 01Neste ano 2016 a Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande cumpre 15 anos. Desde os seus inicios a asociación ven organizando actividades, próximas as 250, co fin de dinamizar a vida social, cultural e de lecer da parroquia de Ouzande, e de todos e todas os que se achegaron a estas iniciativas, desde outros lugares.

Por iso convidamos a todas as persoas que desexen compartir con nós esta celebración, o próximo día 19 de xuño, domingo, ás 14:30h. Terá lugar no Campo da Festa de Ouzande e consistirá nun xantar servido pola Pulpería Porta, ao que seguirá, xa pola tarde, unha foliada musical na que participarán os alumnos e alumnas das clases que teñen lugar todos os sábados, ademais do grupo Retrouso e do grupo Recanto e tamén todas aquelas
persoas e grupos que desexen unirse á festa.

O prezo do xantar, para as persoas adultas é de 20 euros; para os menores de 12 anos, de 10 euros; e para os mozos e mozas de 12 a 18 anos, será de 15 euros.

Para poder asistir, cómpre anotarse na taberna de Ouzande, ata o mércores 15 de xuño, ou a través do correo electrónico, no enderezo: carreirosouzande@gmail.com, e tamén a través do facebook da asociación.

Compárteo!

Deja un comentario