A Asociación Cultural Vagalumes rectificou o letreiro de "Capitán Bernal" por "Mártires da Estrada"

DSC05813Aínda que había máis dunha década que se tiña aprobado en pleno a retirada do nome de Capitán Bernal, que se tiñan presentado escritos e mocións ao respecto da execución deste acordo plenario unánime, o certo é que se conservaba o rótulo eliminado e se mantiña o mesmo nome como referencia desta rúa a todos os efectos.

Por outra banda, a Asociación Cultural “Vagalumes” ben reiterando desde hai anos a necesidade de cumprir a derradeira vontade dos representantes democráticos do noso pobo que foron fusilados o 5 de xuño de 1937 no sentido de que se lle dedicara unha rúa co nome “Mártires da Estrada”.

DSC05815Petición que é de xustiza tendo en conta o sacrificio que eles sofreron polo ben do noso Concello. Mais os diferentes alcaldes que se sucederon no noso concello non fixeron honra do cargo que ostentaban ao desoír a un dos seus antecesores que foi tan inxustamente inmolado.

Por iso, este 5 de xuño, como vimos facendo todos os anos conmemoramos o día dos mártires da Estrada na honra destes veciños nosos asasinados. E coincidindo con esta data acordamos exercer as funcións que lle corresponde a institución municipal e das cales se inhibe, e rectificar o nome desta rúa. Asi mesmo optamos por colocar no seu lugar o rótulo de “Rúa Mártires da Estrada”, dando así cumprimento ao desexo daqueles que deron a súa vida polo ben da súa veciñanza..

Comisión polo rueiro e solicitudes de eliminación da simboloxía franquista
http://www.tabeirosmontes.com/comisioacuten-a-prol-da-normalizacioacuten-do-rueiro-na-estrada.html

Conmemoración do 5 de xuño na honra dos 6 veciños da Estrada asasinados
http://www.tabeirosmontes.com/conmemoracioacuten-do-5-de-xuntildeo-5-06-2007.html

Carta dos concelleiros e veciños condenados a morte na que se pide que se lle dedique unha rúa co nome “Mártires da Estrada”
http://www.tabeirosmontes.com/-carta-dos-concelleiros-ao-pobo-da-estrada.html

Asociación Cultural Vagalumes da Estrada

Compárteo!

Deja un comentario