O Concello decidiu ampliar as prazas do Campus do mes de Xullo a 195 para dar cabida á lista de espera

Campus de Verán 2016O Concello da Estrada comunica que:

Debido o gran éxito que ten a actividade do Campus Deportivo de Verán, que ano tras ano foi ampliando o número de prazas e nesta séptima edición ofertaba 150 prazas para a quenda do mes de Xullo, este departamento, despois de realizar diversas valoracións, decidiu ampliar o número de prazas para a quenda do mes de Xullo, para evitar que ningún dos interesados en participar nesta actividade quede excluido.

Todos aqueles que se inscribiron e estaban na lista de espera xa poden formalizar a su inscrición ata o día 22 de Xuño. Para elo deben de presentar no departamento de Estatística do Concello, a ficha de inscrición cuberta, o resgardo de realizar o pago no Banco Sabadell e a fotocopia da tarxeta sanitaria do participante na actividade.

Recordamos que para a quenda do mes de agosto abrirase un novo prazo de inscrición no mes de Xullo.

Concellería de Deportes

Compárteo!

Deja un comentario