A ONG Implicadas no Desenvolvemento organiza, coa colaboración da pizzaría Argentinos burguer a actividade Comidas Implicadas na Estrada

Logo Implicadas no desenvolvementoA pizzaría Argentinos Burguer, acollerá esta actividade solidaria este fin de semana, den de o 10 ao 12 de xuño.

Comidas Implicadas é unha actividade de recadación de difusión das actividades da ONG. Durante todo o fin de semana a clientela da pizzaría Argentinos Burguer poderá escoller, ademais dos produtos de carta, un MENÚ HINDÚ especialmente deseñado para a ocasión polas responsábeis do restaurante. Unha porcentaxe do prezo deste menú será doado a Implicadas por parte de Argentinos Burguer. para investir nos seus proxectos de Erradicación do Infanticidio en Salem e de Empoderamento das Mulleres en Tiruchi, na India.

Así, as persoas que o desexen poderán gozar da calidade gastronómica que garante o local e, ao mesmo tempo, colaborar cos proxectos de Implicadas. Durante os días de exposición haberá un posto de venda de produtos da ONG, así como a súa Axenda do Desenvolvemento para o ano 2016. O Grupo de Voluntariado de Implicadas da Estrada aproveitará esta actividade para presentar a súa Rifa Solidaria, que sorteará unha cesta de produtos artesanais doados por artistas estradenses, e que estará de exposición do local do Argentinos Burguer estes días.

Aproveitamos para agradecer ás persoas responsábeis do Argentinos Burguer a súa total disposición para a organización desta actividade.

Implicadas no Desenvolvemento

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta