O FalaRedes chega á Estrada este sábado

Dossier Todo me fala de ti.inddO vindeiro sábado ás 12:30 h no Teatro Principal da Estrada chega o programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para asistir será necesario retirar unha invitación no Departamento de Cultura ou ben na billeteira do Teatro.

FalaRedes ábrese cunha actividade de dinamización lingüística que é tamén unha homenaxe a Manuel María, o autor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Con ela, a Secretaría Xeral de Política Lingüística réndelle tributo ao poeta do pobo e fai partícipe desta celebración á Rede de Dinamización Lingüística.

Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para cativada de máis de 5 anos e as súas familias.

Deste xeito, ao tempo que difunden a obra de Manuel María entre a xente miúda, amplían o repertorio de música infantil en galego coas cancións do seu disco Canta o cuco. Todo me fala de ti ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo familiar unha vez rematada a actividade.

Dossier Todo me fala de ti.indd Dossier Todo me fala de ti.indd

Cultura A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta