Algo se anda "Maquinando" para este domingo no Teatro Principal

MAQUIN_A3 cast(1)A Compañía The Momento Impro realizará o seu espectáculo “Maquinando” a tarde deste domingo, ás 19:00 horas, no Teatro Principal.

“The Momento Impro” presenta o seu formato de impro deportiva máis delirante, situacións irrepetibles, comedia instantánea, creación en directo a partir das propostas do público. Cada función é diferente, pero o resultado sempre é o mesmo, non poderás parar de rir!!

As entradas, a 3€, poderán adquirirse na billeteira do Teatro media hora antes do comezo da función.

Compárteo!

Deja un comentario