A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos para obtención dos certificados CELGA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Estos cursos, preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser so­licitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

O prazo para a presentación das solicitudes será do 17 de xuño de 2016 ao 16 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

Se un curso ten un número de solicitantes maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada. No caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética (do A ao Z).

No Concello de A Estrada, o curso impartirase no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura s/n, do 12 de setembro de 2016 ata o 2 de novembro de 2016 en horario de 19:00 a 21:30 horas de luns a xoves.

Toda a información referente a solicitude e prazos de inscrición, requisitos, documentación necesaria , asignación de prazas, fases do procedemento , etc… atópase no DOG nº 114 do xoves 16 de xuño de 2016.

AEDL A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta