Aberto o prazo para as inscricións nos cursos de natación para este verán

Escudo.novoO Concello da Estrada abre o prazo para inscribirse e participar nos cursos de natación que se levarán a cabo nas piscinas municipales nos meses de Xullo e Agosto deste verán 2016.

As clases de natación da quenda de Xullo serán do día 1 o día 31, e o prazo de inscrición empeza o luns día 20 de Xuño e remata o xoves día 30 de Xuño.

As clases de natación da quenda do mes de Agosto serán dende o día 2 ata o día 31, e o prazo de inscrición empeza o luns 18 de Xullo e remata o venres día 29 de Xullo.

Nas quendas, as clases serán de martes a venres, e os cursos terán lugar en horario de mañán e ofértanse clases de iniciación e de perfeccionamiento. Segundo o número de participantes e o nivel dos mesmos, faranse os grupos. É necesario un mínimo de 12 alumnos para levar a cabo a actividade nas piscinas municipais. O prezo será de 20 euros por mes e alumno.

A forma de pago levarse a cabo a través do Banco Sabadell, no número de conta: ES78 0081 2208 2300 0101 2603. É necesario que no concepto do recibo bancario figure o nome do alumno. O xustificante de pago debe de presentarse xunto ca ficha de inscrición do alumno, no departamento de estatística do Concello da Estrada.

Compárteo!

Deja un comentario