Pregón, chupinazo e brindis con sidra estradense para dar comezo ás festas de San Paio

_MG_7146Este venres deron comezo as festas patronais de San Paio. Ás 12 do mediodía a pregoeira deste ano, Saly Torres, humorista estradense, deu o tradicional pregón de apertura dende o balcón do concello.

Rematado o pregón, Saly acompañada do alcalde, o presidente da asociación de festas e de Valentín García lanzaron o chupinazo de apertura das festas, e posteriormente brindaron con sidra estradense con todos os asistentes.

Compárteo!

Deja una respuesta