Medio Ambiente destina preto de 170.000 euros ás obras de humanización das travesías de Vea e da Igrexa, na Estrada

a estrada 1

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da Estrada, José López Campos, asinaron esta mañá un convenio de colaboración, cunha dotación de case 170.000 euros, co para a execución das obras de humanización das Travesías de Vea e da Igrexa, neste municipio pontevedrés.

Grazas e este convenio, que se inscribe no Plan Hurbe, acometerase a mellora destes dous viais do concello, que se integran na Zona dos Viños, nun espazo de lecer para uso e goce de todos os veciños e visitantes. As rúas sitúanse próximas á Praza do Mercado, recentemente rehabilitada, en pleno centro do casco urbano.

Estas dúas rúas son soleadas e, unido ao feito de ser rúas peonís, convérteas nunha zona de especial interese para o desenvolvemento dun proxecto de adecuación integral, sen esquecer a mellora da súa infraestrutura soterrada, a iluminación e a instalación dun mobiliario urbano axeitado.

Tal e como lle manifestou a conselleira ao alcalde, a Xunta promove e colabora neste tipo de actuación co obxectivo de rehabilitar, recuperar e conservar os equipamentos urbanos municipais, co fin de mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns e do público en xeral.

Plan Hurbe

O Plan HURBE é un programa de actuación que a Xunta impulsou en 2010 para dar resposta á necesidade de humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo a estrada 4social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentes.

Segundo o Plan de investimentos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería destinará este ano máis de seis millóns de euros a este Plan, aos que se sumarán cinco novos millóns de euros, é dicir, 11 millóns de euros. O orzamento destinarase, principalmente, á humanización de rúas e á urbanización e mellora de espazos públicos.

Entre outros beneficios, o HURBE favorece a sostibilidade futura compatibilizando o desenvolvemento económico e a agrupación en torno aos núcleos de poboación con criterios de ordenación territorial e habitabilidade, recupera espazos públicos que foron perdendo o seu carácter de áreas de interacción social por un inadecuado desenvolvemento urbanístico, e potencia a conservación dos equipamentos urbanos patrimonio histórico das nosas vilas.

Compárteo!

Deja un comentario