Curso De creacióne xestión de microempresas

O luns 18 de xullo comezou o curso AFD “CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS” (ADGD0210) de 520 horas de duración, impartido pola Fundación Cultural da Estrada, que durará ata o mes de novembro do presente ano 2016.
Esta dirixido fundamentalmente a persoas desempregadas e está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Dentro da formación que se está a impartir programáronse para os vindeiros días as seguintes accións:

✓ Xoves, 25 de agosto de 2016, ás 10:30 h: Charla de Jesús Armenteros (LAGAR DE RIVELA: dedicado á fabricación de sidra artesanal)

✓ Venres, 26 de agosto de 2016, ás 11:00 h: Charla da Axente de Emprego e desenvolvemento local da Fundación Cultural de A Estrada, expoñendo aos alumnos as distintas axudas existentes para o fomento do emprego e o emprendemento.

✓ Luns, 29 de agosto de 2016, ás 12:30 h: Charla de José Alberto Nodar García (Alcem Avogados), Avogado especializado en temas xurídicos relacionados co mundo empresarial.

✓ Martes, 30 de agosto de 2016, ás 13:00 h: Charla da persoa responsable da Cooperativa Cestola na Cachola de Lalín, adicada a promover a economía social dende a pintura.

Todas estas accións considéranse oportunas para que os alumnos poidan coñecer de primeira man experiencias próximas que axuden a motivalos no eido do emprendemento e do mesmo xeito teñan información das axudas existentes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta