A 32ª Feira do Moble acolle na Estrada do 19 ao 23 a 65 expositores de seis comunidades e Portugal

• «Os visitantes poderán atopar todo o que precisan para amoblar e equipar o
seu fogar ou o seu negocio», asegura o xerente da fundación, Nemesio Rey

• López destaca «os cambios e as melloras substanciais para achegarlle
unha nova proposta aos visitantes» e considera que «aínda que houbo 31
edicións anteriores, esta feira será a edición número 1 dunha nova etapa»

• Cociñeiros como Pepe Solla (Casa Solla), Diego López (La Molinera),
Jaume García (Velis Nolis Bistró) e profesionais do restaurante O Camiño
ofrecerán showcookings e degustacións gratuítas nos stands de cociña

 

O recinto da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada
acolleu esta mañá a presentación da trixésimo segunda edición da Feira do Moble de
Galicia, que reunirá do 19 ao 23 de setembro a un total de 65 firmas de mobiliario,
interiorismo e decoración procedentes de diferentes puntos de Galicia, Madrid, País
Vasco, Asturias, Castilla-La Mancha, Comunitat Valenciana e tamén de Portugal.
Nunha rolda de prensa ofrecida no interior do pavillón número 3, que será o que acolla
á meirande parte das 15 empresas da Estrada e da contorna que asistirán á feira, o
xerente da fundación, Nemesio Rey, destacou que «os visitantes, sexan familias ou
profesionais de áreas como a arquitectura, a decoración ou o interiorismo, poderán
atopar todo o que precisan para amoblar e equipar o seu fogar ou o seu negocio, xa
que as empresas que traballan no mercado do contract tamén terán o seu
protagonismo».
Nesta liña incidiu tamén o alcalde da Estrada e vicepresidente do padroado da
fundación, José López, que quixo poñer en valor que «o sector do moble e da madeira
na Estrada está no seu mellor momento histórico»: «as grandes fábricas de produción
da Estrada están en máximos históricos de facturación e teñen capacidade para
amoblar desde o barco de cruceiros máis luxoso ata os mellores hoteis do mundo».
Por iso, avogou por «fuxir de vitimismos» e, se ben considerou que «é necesaria a
autocrítica e a reflexión para aprender dos erros», aplaudiu «os cambios e as melloras
substanciais na feira para achegarlle unha nova proposta aos visitantes». «Aínda que
houbo 31 edicións anteriores, esta feira será a edición número 1 dunha nova etapa»,
remarcou López.
«Penso que agora estamos no camiño correcto, no que esta fundación ten que ser un
organismo útil para o sector, de forma que sexa o medio que permita que o propio
sector poida ter un escaparate para presentar as súas propostas», afirmou o alcalde
estradense, antes de engadir que «ábrese un horizonte máis interesante do que
poidamos ver nos últimos anos».
Directora xeral de Comercio
Pola súa parte, a directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal, destacou que
«A Estrada, como sitio do moble por excelencia en Galicia, vese que está a coller
novos folgos e a readaptarse cara novos mercados». «O reto era visualizar todo o
traballo que está a facer o empresariado do sector da madeira e do moble e non había
outro espazo que non fora o recinto feiral desta fundación, que ten que ser un
instrumento, non un fin, que sexa capaz de trasladar todo o saber facer e toda a imaxe
que está a proxectar o sector», salientou.
Neste contexto, recoñeceu «o gran esforzo realizado, tanto visualmente como no
concepto da feira» e animou aos galegos a visitar o recinto feiral porque «o que vai
atopar o visitante é unha feira distinta, que busca chegar non só ao consumidor final
senón tamén a aqueles profesionais que poidan ser usuarios do sector do contract».
Showcookings
Entre as últimas novidades da feira reveladas hoxe na rolda de prensa destaca a
celebración de varios showcookings con degustacións gratuítas nos stands de
Mucarce, Fervenza Mobiliario e Corral y Couto, nas que participarán cociñeiros como
Pepe Solla (Casa Solla de Poio), Diego López (Restaurante La Molinera de Lalín),
Jaume García (Velis Nolis Bistró, de A Estrada) e profesionais do restaurante O
Camiño (A Estrada)

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta