Á Mesa do Parlamento polo Psoe o caso do ataque duns cans a unha veciña do Concello de A Estrada

Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e María Luisa
Pierres López, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 147 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte interperlación.
A mediados do mes de agosto, unha veciña do Concello de A Estrada tiña
que ser hospitalizada de urxencia e operada polo brutal ataque feito por un
grupo de cinco cans. A muller, de avanzada idade, sufriu graves feridas na
cabeza, pescozo, pés e brazos. Os cans, son propiedade dun veciño da zona e
campan sen control pola aldea dende o ano 2016 – o mesmo propietario
recoñeceu publicamente que “viven en manada e liberdade” –, nunha finca
duns 5.000 m².
Dende hai varios anos, os veciños puxeron denuncias ante o SEPRONA polo
medo e porque eses cans xa mataran a varios animais da aldea, e o
SEPRONA trasladou informes á Consellería de Medio Ambiente e ao
Concello de A Estrada, mais ningún deles moveu nin un papel e botan balóns
fóra. Agora o asunto está nun dos Xulgados de Instrución da localidade.
Segundo informacións do propio Concello, polo menos un destes cans é de
raza potencialmente perigosa, mais o propietario negouse a entregalo e a
facilitar a entrada no seu domicilio e na finca aos axentes do SEPRONA. “No
fue tan grave como parece pero está claro que la culpa es mía. Se me
escaparon por debajo del alambre. La finca es muy grande y muchas zonas
solo tienen alambre. Los perros escarban y terminan pasando por debajo.
Esta vez la vieron venir y fueron a por ella”, dixo aos medios de
comunicación.
Dende o día 3 de xaneiro deste ano, Galicia ten unha lei de Protección e
Benestar dos Animais de Compañía (lei 4/2017, de 3 de outubro), que
establece multitude de obrigas para os propietarios de animais e de cans de
razas potencialmente perigosas, para os Concellos e para a propia Consellería
de Medio Ambiente, que son os competentes en materia sancionadora.
Por todo o anterior as deputadas e o deputado asinantes interpelan o Goberno
galego nos seguintes termos:
1.- Cumpre o Goberno da Xunta de Galicia a lei de Protección e
Benestar dos Animais de Compañía (lei 4/2017, de 3 de outubro)?
Partido dos
Socialistas
de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
2.- Ten coñecemento o Goberno do acontecido no Concello de A
Estrada?
3.- Que pasou cos informes que xa existían do SEPRONA?
4.- Sabe o Goberno se o propietario dos cans tiña algunha clase de
seguro de responsabilidade civil? Comprobouno?
5.- Sabe o Goberno se a propiedade cumpre as condicións axeitadas,
tamén para cans perigosos, que esixe a lei 4/2017?
6.- Sabe o Goberno se están eses cans identificados?
7.- Sabe o Goberno se o propietario tiña licenza municipal para a súa
tenza e para esas instalacións?
8.- Sabe o Goberno se está ese can potencialmente perigoso inscrito no
Rexistro Municipal? Fixo o Goberno algún recoñecemento dese animal?
9.- Recibira o Goberno algunha comunicación municipal da tenza de
máis de 5 animais?
10.- Vai tomar o Goberno algunha medida provisional, como a retirada
dos cans e/ou o peche das instalacións?
11.- Ten solicitado o Goberno á autoridade xudicial, como fixo o
SEPRONA, a entrada no domicilio?

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta