http://aestradanarede.net/2018/09/18/o-xoves-habera-unha-charla-sobre-as-axudas-leader-na-feira-do-moble-da-estrada/

• O certame reunirá ata o vindeiro domingo a 65 expositores procedentes de
Galicia, Asturias, País Vasco, Madrid, Castilla-La Mancha, Comunitat
Valenciana e Portugal
• O recinto feiral abrirá desde as 11.00 ata as 20.00 horas e as entradas
custarán un euro, sendo válida a mesma entrada para tódolos días da feira
• O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos, Nemesio Rey,
salienta que «os visitantes poderán atopar todo o necesario para amoblar
ou equipar o seu fogar ou o seu negocio»

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presidirá
mañá ás 12.30 horas no recinto feiral da Estrada o acto de inauguración da 32ª Feira
do Moble de Galicia, que reunirá ata o vindeiro domingo a 65 expositores procedentes
de diferentes puntos de Galicia, Asturias, País Vasco, Madrid, Castilla-La Mancha,
Comunitat Valenciana e Portugal. Tamén intervirán no acto inaugural o alcalde da
Estrada, José López Campos, e o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos,
Nemesio Rey Pazos.
Nesta trixésimo segunda edición, o recinto feiral da Estrada, que conta cunha
superficie global de 26.000 metros cadrados, conseguiu completar o 100% do espazo
expositivo, polo que, segundo Nemesio Rey, «volve ser o maior escaparate de
mobiliario, interiorismo e decoración de toda Galicia e os visitantes poderán atopar
todo o necesario para amoblar o seu fogar ou o seu negocio».
De feito, entre os stands da feira figuran firmas que desenvolven a súa actividade
nunha ducia de áreas: moble contemporáneo, clásico, de vangarda, infantil, de cociña,
Contacto: 673 156 204 (Alberto J. Rey) – alberto.rey@somoswecom.com
de oficina, descanso, sanitarios, iluminación, interiorismo, contract e agasallos e
complementos. Ademais, unha das novidades desta feira é a inclusión dun Espazo
Contract no que estarán presentes varias empresas locais que operan neste mercado
-algunhas das cales están a amoblar hoteis de luxo en diferentes países,
establecementos de cadeas comerciais ou as embaixadas de Arabia Saudí en
Camerún e Níxer, entre outros traballos-.
Entradas a 1 euro
Desde mañá ata o domingo 23, o recinto feiral permanecerá aberto
ininterrompidamente desde as 11.00 ata as 20.00 horas e as entradas terán un prezo
simbólico de 1 euro, sendo válida a mesma entrada para acceder á feira tódolos días.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta