O Concello pedirá a Viacua que se encargue das análises requiridas por Augas de Galicia

O Concello da Estrada e Augas de Galicia reuníronse onte con vistas a elaborar un plan de vertidos e, trala xuntanza, esta última requiriu ao Concello que realizase análises de calidade da auga para proceder á autorización dos puntos de vertido. Para cumprir co requirimento, o Concello encargaralle a Viacua, empresa que xestiona a depuradora de Aguións, que se encargue de realizalas análises, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.

Unha vez tramitado, e sempre que os resultados sexan satisfactorios, autorizaranse os puntos de vertido para que as diferentes depuradoras instaladas no rural podan devolver a auga tratada aos ríos. Este procedemento de análise da calidade das augas require un control anual que haberá que manter. Ademais, Augas de Galicia solicitou ao Concello datos e planos, tanto do proxecto como das depuradoras.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta