O Concello habilita un punto de venda alternativo as entradas de Pepe Viyuela

Ante a demanda de entradas para o espectáculo cómico de Pepe Viyuela, o Concello da Estrada habilitará á Cafetería Boliche como punto de venda de cara á ponte. Deste xeito, as persoas interesadas en acudir á función poderán adquirir as súas entradas nos días e horarios próximos á función nos que o Departamento de Cultura do Concello permaneza pechado.

O espectáculo terá lugar o vindeiro sábado 15 de decembro ás 21:00 horas no Teatro Principal da Estrada da man dun dos cómicos máis célebres a nivel nacional, cunha presenza sobre as táboas que rapidamente enche os escenarios para envolver ao público no espectáculo dende o primeiro minuto da actuación. Unha cita que, sen dúbida, asegurará gargalladas e satisfará as aspiracións dos asistentes.

As entradas, cun prezo de dez euros, pódense adquirir no Departamento de Cultura do Concello de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e, a partires deste momento, na Cafetería Boliche en horario comercial.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta