Comeza a substitución de luminarias na Zona Deportiva

Comezou hoxe a substitución de luminarias na Zona Deportiva da Estrada. Os traballos concentraranse entre a xornada de hoxe e a de mañá no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro, no que se cambiarán 51 unidades de luminarias de 400 vatios polo mesmo número de elementos LED de 200 vatios.

Ao longo da semana, as actuacións trasladaranse ao campo de fútbol Manuel Regueiro, no que se substituirán 16 proxectores de 2000 vatios por 12 proxectores LED de 450, oito proxectores LED de 600  e catro proxectores LED de 750 vatios de potencia respectivamente.

O último lugar no que se levará a cabo a intervención será o recinto das pistas de tenis, no que se substituirán 16 unidades de luminaria de 400 vatios por 16 unidades de luminaria LED de 200. O orzamento para este proxecto de “Mellora da eficiencia enerxética na Zona Deportiva” ascende a 72.725,51 euros achegados do remanente do Plan Concellos 2017.

Gracias a esta intervención o goberno local confía en acabar cos problemas de sobrecarga do sistema eléctrico nesa área, ademais de rebaixar a factura eléctrica aproximadamente á metade do que representa nestes intres.

Compárteo!

Deja un comentario