Consolidase na Estrada a primeira asociación provincial de bonsáis de Pontevedra

Consolidase na Estrada a primeira asociación provincial de bonsáis de Pontevedra. O Club Bonsái Pontevedra consta de 25 membros e programa dúas actividades mensuais actualmente, segundo explicou hoxe Óscar Expósito, unha das persoas ao cargo da mesma.

As actividades programadas para xaneiro comprenden o desenvolvemento dun taller nas instalacións do club, no Local Social de Baloira, que se celebrará o vindeiro sábado, 12 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e unha excursión a Kingii.es, un paraíso do bonsái, segundo palabras de Expósito, situado no Val do Dubra, en Bembibre, planificada para o 26 de xaneiro.

Compárteo!

Deja un comentario