Desfile da Santa Compaña, baile e concerto a partir das 18:00 horas do venres

O venres a partir das 18:00 horas arrancará o VI Festival Panic coa celebración do desfile da Santa Compaña, que arrancará dende a Praza do Campo da Feira, tal como estaba previsto. A procesión estará oficiada por Fran Campos e contará cunha comitiva oficial de 30 persoas na que participarán alumnos da Escola de Artes Escénicas, á que se poderán sumar os nenos que se acheguen disfrazados.
O percorrido iniciarase ás 19:00 horas dende a Praza do Campo da Feira e rematará aproximadamente ás 20:30 na Praza do Mercado, onde se dará paso a un concerto a cargo da banda Broken Peach e un baile coreografiado pola escola de baile Sondodance. Os asistentes poderán maquillarse e tomar chocolate de balde na Praza do Campo da Feira antes da hora de saída.
A parte musical do desfile correrá a cargo de Lume na lareira e o grupo Broken Peach interpretará na Praza do Mercado un popurrí de cancións de Michael Jackson. O percorrido estará amenizado ademais polo grupo de animación Troula, que escenificará unha actuación en base á música, lume e pirotecnia.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta