A Executiva Local confirma o sábado a José López como candidato a revalidar a Alcaldía

• O alcalde asume «encantado e coa máxima ilusión» o reto de manter o goberno municipal para «darlle continuidade á etapa de maior transformación e prosperidade da Estrada»

A Executiva Local do Partido Popular da Estrada celebrará o sábado unha reunión ás 12.30 horas na sede da rúa Irmáns José e Severino Trigo para aprobar a designación de José López Campos (A Estrada, 1974) como candidato a revalidar a Alcaldía nas Eleccións Municipais do 26 de maio. José López encabezará por terceira vez consecutiva a candidatura do PP estradense co obxectivo de repetir as victorias por maioría absoluta conseguidas en 2011 e 2015. Á espera da súa confirmación oficial como candidato, o actual alcalde asegura asumir «encantado e coa máxima ilusión» o reto de manter o goberno municipal para «darlle continuidade á etapa de maior transformación e prosperidade da Estrada».

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta