Carmen Pomar visita A Estrada para coñecer as comunidades escolares do CEIP Vilar Paramá e o IES Losada Diéguez

Carmen Pomar visita A Estrada para coñecer as comunidades escolares do CEIP Vilar Paramá e o IES Losada DiéguezEscoitar

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, desprazouse esta mañá á Estrada para visitar o CEIP Manuel Villar Paramá e o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, onde puido entrevistarse con ambas comunidades escolares.

Acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a conselleira Carmen Pomar visitou en primeiro lugar o CEIP Manuel Villar Paramá, un centro de preto dun cento de alumnos no que teñen integrada a fotografía como un instrumento didáctico vinculado tamén á reciclaxe, ao medio ambiente e ao consumo responsable.

Posteriormente a conselleira trasladouse ao IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, que ten incorporada unha serie de programas educativos, como é o caso do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), os Contratos-Programa (nas liñas de PROA, mellora da convivencia e promoción da igualdade, mellora de coñecementos para acadar a excelencia e reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO e FP Básica), e o Plan Proxecta (cos proxectos Clases sen fume e Quérote+).

Ademais pertence á rede de centros E-dixgal, de libro dixital (no que conta con dúas liñas específicas de formación do profesorado e utilización de ferramentas TIC); e desde o presente curso forma parte da rede de centros plurilingües, coa implantación do plurilingüismo en 1º de ESO, e tamén con seccións bilingües en Tecnoloxía (2º e 3º de ESO) e Filosofía (1º de Bacharelato).

Na súa visita, a conselleira puido coñecer de cerca a implantación deste programas nun instituto que tamén se caracteriza por unha longa tradición en programas internacionais tanto destinados a profesorado como a alumnado, como o Erasmus Charter for Higher Education 2014/20 (con diferentes proxectos orientados á mobilidade de estudantes de FP para prácticas laborais e de intercambio de boas prácticas docentes), e no Erasmus+.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta