O PSdeG DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA AS “MESAS SECTORIAIS” PARA ACHEGAR EXEMPLOS DE POLÍTICAS PÚBLICAS DE ÉXITO E RECOLLER NOVAS PROPOSTAS

As e os socialistas de Pontevedra botan a andar as “Mesas sectoriais”, encontros abertos á cidadanía nos que cargos públicos socialistas porán sobre a mesa a súa experiencia elaborando políticas públicas de éxito que poidan ser trasladadas a outros concellos, ao mesmo tempo que se recollen novas propostas para o vindeiro mandato.

Este xoves terá lugar o segundo deste encontros, que xirará en torno á política industrial nos concellos e se celebrará na Estrada o xoves 14 ás 20h na sede do partido. Exercerá como anfitrión o candidato á alcaldía da vila, Luis López Bueno, e contará coa presencia de David Regades, secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca de Vigo; Manuel Cuiña, alcalde de Silleda; Abel Losada, parlamentario autonómico; e Carlos López Font, deputado provincial.

Antes, este mércores 13, terá lugar a primeira destas mesas en Meis. Coa vista posta no compromiso social, as e os socialistas reuniranse no Edificio Multiusos da vila do Salnés nun acto no que intervirán Marta Giráldez, candidata á alcaldía de Meis; Fátima Abal, alcaldesa de Cambados; María Pierres, deputada autonómica; Juan Antonio González, alcalde de Nigrán; e Digna Rivas, deputada provincial e responsable da área no goberno presidido por Carmela Silva.

Regades, secretario xeral provincial, asegura que este encontros “redundan na idea de acercar o partido á cidadanía, fomentando a participación de todas e todos, o que permitirá mellorar a calidade dos nosos programa electorais”.

O secretario xeral mostrouse “contento e orgulloso” do traballo que están a realizar a militancia do partido “a todos os niveis”. “Esta fin de semana pasada aprobamos as listas froito do diálogo e o consenso”, recordou Regades. “Agora seguimos traballando para que nas próximas citas electorais as e os socialistas de Pontevedra contemos cun programa forte e achegado a realidade social”, finalizou.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta