Abre o prazo para inscribirse á segunda quenda da actividade de piscina para persoas maiores

Este venres, 15 de marzo, abrirá o prazo para inscribirse á segunda quenda das actividades acuáticas para persoas maiores 2019, que permanecerá aberto ata o venres 22 de marzo. Poderán inscribirse as persoas maiores de 50 anos interesadas no servizo.

A actividade conta con 60 prazas dispoñibles, para as que teñen prioridade as persoas empadroadas e as que non participaran na primeira quenda. As prazas serán asignadas por estrito orde de inscrición, que se deberá realizar no Departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de atención ao público (de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres). As persoas interesadas en inscribirse á actividade deberán presentar unha copia do DNI e do certificado de discapacidade, se fose preciso, no momento de formalizar a inscrición

Compárteo!

Deja un comentario