Abre o prazo para inscribirse á V Xordana dos Maiores

Mañá, 15 de marzo abrirá o prazo para inscribirse á V edición da Xornada dos Maiores programada para o vindeiro 30 de marzo que organiza o Concello da Estrada. Un encontro que conta co aval do éxito das anteriores edicións, dedicado ás persoas maiores da localidade, cun ambiente de celebración no que pasar unha xornada agradable.

A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, sinalou que as 700 entradas para o acto, que terá lugar no pavillón anexo ao Manuel Coto Ferreiro, poderanse adquirir a partir de mañá e ata o martes 26 de marzo,  mediante un copago de 5 euros, nos departamentos de Alcaldía e Servizos Sociais da Casa do Concello da Estrada.

Para facilitar a asistencia e os desprazamentos dende o rural fretaranse autobuses dende distintos puntos, que se concretarán xunto cos horarios de recollida segundo avancen as inscricións. A celebración está destinada a persoas maiores de 60 anos, que poderán acudir acompañadas de persoas que non teñen por que cumprir o requisito de idade a un evento que estará animado por diversas actuacións musicais, comida e onde os asistentes poderán confraternizar e compartir experiencias.

Compárteo!

Deja un comentario