O Concello da Estrada expón fronte os expedicionarios as oportunidades de emprego no rural

 Despois das presentacións de Eslovaquia, Hungría e Italia, nas que cada colectivo deu a coñecer os seus respectivos territorios ao resto dos participantes desta irmandade, a técnico de Emprego do Concello, Ana Ferradáns, expuxo fronte os expedicionarios as oportunidades de emprego que ofrece o rural galego.

A experta repasou as fortalezas, debilidades e oportunidades que ofrece o mercado laboral prestando especial atención aos aspectos socioeconómicos que afectan á Estrada e o lugar xeográfico estratéxico que ocupa a localidade, entre a capital de provincia, Pontevedra, e a capital da comunidade, Santiago de Compostela.

Puxo de manifesto problemas como o envellecemento poboacional, as altas taxas de desemprego e a baixa industrialización, pero tamén sinalou oportunidades e nichos de mercado que supoñen un gran potencial con respecto á creación de emprego, como a rehabilitación de casas rurais e de enerxía, os servizos dirixidos ás persoas, a agricultura e a industria de comida agrícola, produción de enerxía biomasa, servizos turísticos e outros tantos exemplos.

Trala análise, os expedicionarios continuaron coa axenda programada para hoxe coa visita ao agar de Peroja, onde tiñan previsto un recorrido polas instalacións e se lles explicaría o proceso de elaboración da sidra dende a recollida das mazás ata a obtención do produto final. A visita culminaría cunha degustación desa sidra estradense.

Compárteo!

Deja un comentario