Constenla: «A Deputación de Carmela Silva leva catro anos ninguneando ao rural estradense»

• O candidato popular replícalle que «a Deputación para A Estrada non enviou nin un só euro máis do que correspondía, como si fixo en concellos con goberno do PSOE como Silleda» • Lamenta que o alcaldable do PSOE non lle cuestione a Silva que «leve tódolos cartos para Vigo» mentres na Estrada «ten as pistas provinciais abandonadas»

O candidato nº 4 do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Juan Constenla, afeou hoxe as declaracións realizadas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembrándolle que «leva catro anos ninguneando ao rural estradense, mentres actúa como se a Deputación fose a Concellaría de Obras de Vigo». Juan Constenla cualificou como «vergoñento» que «un PSOE que estivo practicamente desaparecido na Estrada ata o mes pasado teña agora a ousadía de dar leccións de xestión». Na súa opinión, Carmela Silva debería explicar «por que a Deputación non enviou para A Estrada nestes catro anos nin un só euro máis do que correspondía por lei, como si fixo en concellos con goberno do PSOE, como é o caso de Silleda». «Moito falar de novas formas e criticar ao anterior presidente, pero a realidade é que con Rafael Louzán arranxáronse estradas importantes como Souto de Vea-Portela e Liñares-Valboa, mentres que agora as vías provinciais están abandonadas», manifestou. Juan Constenla criticou que Carmela Silva «leve tódolos cartos para Vigo» mentres concellos rurais como A Estrada «teñen as pistas provinciais desfeitas e abandonadas e as brigadas de obras e mantemento practicamente foron desmanteladas». «O gran mérito da Deputación de Carmela Silva na Estrada é retrasar plans de obra, entorpecer proxectos e ter a peor estrada provincial de toda Galicia, que é a que vai de San Miguel de Barcala ao Caeiro, onde por enriba pretenden manipular e enganar aos veciños», asegurou. Respecto a esta obra, apuntou que «é falso que a Deputación remitira ao concello o proxecto da mesma» e Partido Popular da Estrada  ppdaestrada@gmail.com  636 244 725 (Juan Constenla) precisou que o que remitiu foi un plano da zona de ocupación para que o concello xestione os terreos necesarios para acometer a mellora. «O concello vai facer iso, pero que ao tratarse dun vial provincial xa debería ser a Deputación quen se encargara das expropiacións se hai algúns veciños que non están dispostos a ceder os terreos voluntariamente», remarcou.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta