LÓPEZ BUENO CRITICA O ANUNCIO DO ALCALDE DE REMODELAR O CAMPO DE FÚTBOL DE NOGUEIRA POR CONSIDERALO “PURAMENTE ELECTORALISTA”

“A cantidade prometida é totalmente desproporcionada tendo en conta as notables deficiencias en servizos e infraestruturas de A Estrada, especialmente no rural” “En oito anos non se acordou do equipo, e agora que están aí as eleccións fai campaña a costa deles cos cartos de todos”

O candidato do PSdeG á alcaldía de A Estrada, Luis López Bueno, critica o anuncio do alcalde de remodelar o campo de fútbol de Nogueira se conta con apoio maioritario, por consideralo “puramente electoralista”. López Bueno sinala que a cantidade prometida “é totalmente desproporcionada tendo en conta as notables deficiencias en servizos e infraestruturas de A Estrada, especialmente no rural”, e apunta que “ó alcalde só lle importa o titular, pois vende máis un gran campo de fútbol que os centos de melloras que realmente necesitamos”. O alcaldable socialista lembra que “en oito anos non se acordou do equipo, non puxo nin un euro para arreglar o peche, que está caído, e agora que están aí as eleccións fai campaña a costa deles cos cartos de todos”. E pregúntase “por que este campo é maís importante que os outros que temos en A Estrada”, e “con que cartos pensa facelo, se non hai orzamentado un só euro nas contas aprobadas a pasada semana”. _________________________________________________________

Compárteo!

Deja un comentario