O BNG insiste ao goberno do PP a que mellore o estado dos aparcadoiros públicos de Correos e da Casa das Letras

O BNG quere ser a voz dos veciños e veciñas da Estrada, que sofren as consecuencias da deixadez e da falla de preocupación do goberno do PP polos servizos que inciden directamente no día a día da vida dos cidadáns estradenses.

Neste caso desde o BNG insta  ao Sr. López a que faga un mantemento suficiente dos aparcadoiros públicos da vila, e en concreo do de Correos.

Calquera usuario dos aparcadoiros da Casa das Letras, o de Correos ou o da avda. de América atópase con que aparcar e manobrar neles é unha verdadeira aventura.

No da Casa das Letras, ademais das fochancas da zona do medio, carece de referencia algunha que racionalice o espazo, rendibilizándoo mal e creando sempre problemas de maniobrabilidade. O caso dos outros dous xa é un problema puro e duro  de imposibilidade de transitar por eles. Fochancas e máis fochancas que case imposibilitan o tránsito e o abandono do vehículo sen pillar unha molladura. 

Isto cremos que non pode continuar así. O goberno municipal actual ten que atender as súas obrigas, unha delas a de atender debidamente os servizos que os veciños e veciñas precisan, neste caso os aparcadoiros  que agora mesmo están nun estado calamitoso.

Insistimos na petición, e pedímoslle ao alcalde que aclare se ten pensado deixalas definitivamente así, no estado lamentábel en que se atopan, ou as vai tomar en serio. A veciñanza ten dereito a saber se o PP só aposta polas zonas a que chegou a un acordo económico cun veciño ou se vai a preocupar de todas as que hai

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta