A oficina de turismo da Estrada abrirá este verán e Fernando Conde cumprirá coa accesibilidade

A oficina de turismo da Estrada abrirá este verán con persoal propio, segundo informou hoxe o concelleiro de Turismo, Óscar Rancaño, e a Avenida de Fernando Conde cumprirá cos estándares de accesibilidade, asegurou o alcalde, José López Campos. O ano pasado solicitouse unha subvención da Deputación de Pontevedra para dotar á oficina dun técnico de turismo, pero ante a falta de candidatos, esta institución propuxo en novembro ao Concello que se fixera cargo do proceso; unha proposta que se declinou, indicou Rancaño, quen explicou que en base a esta experiencia optarase por xestionar este ano as instalacións e o persoal necesario dende o goberno local, que conta con abrir o punto de atención turística con persoal propio este verán. Por outra banda, López explicou que a obra da Avenida de Fernando Conde cumprirá con todas as cuestións referidas á accesibilidade, así como tamén o fará a reforma da Alameda, ambas encadradas no plan Edusi, que é unha estratexia caracterizada polo desenvolvemento e a sostibilidade. O alcalde lembrou que a obra aínda non está acabada e, polo tanto, a cota actual non é a definitiva. Unha vez que se instale o pavimento, este ascenderá ata o nivel establecido para solucionar este tipo de cuestións, chegando a enrasar co borde da beirarrúa nos pasos de peóns elevados.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta