O PP incorpora ao pedáneo de Riobó en postos de saída na candidatura para as municipais

– Alfonso Figueiras Rey ten 55 anos e traballa como carpinteiro para a empresa Decoideas e tamén como camareiro

– López apunta que a súa fichaxe «aporta unha gran capacidade de traballo» e tamén «a representatividade no futuro goberno que demandaban as parroquias da zona nordeste da Estrada»

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, anunciou hoxe a incorporación en postos de saída na candidatura para as eleccións municipais do 26 de maio do actual pedáneo da parroquia de Riobó, Alfonso Figueiras Rey. Alfonso Figueiras, que foi designado alcalde de barrio de Riobó en 2011 coincidindo coa chegada de José López ao goberno local, ten 55 anos e actualmente traballa como carpinteiro na fábrica de mobles Decoideas, profesión que compaxina de forma puntual coa de camareiro. Tras a xa anunciada «fichaxe» de Gonzalo Louzao Dono, José López destaca que esta segunda incorporación en postos de saída enmárcase nunha «moderada renovación» da candidatura para «reforzar a presenza no rural». Segundo indicou, a entrada de Alfonso Figueiras na candidatura popular aportará «unha gran capacidade de traballo», ademais «da representatividade no futuro goberno que demandaban as parroquias da zona nordeste da Estrada». «O goberno actual está consolidado como un grupo de taballo estable, que funciona ben, sen as liortas internas que caracterizan a gobernos doutros concellos, e iso é fundamental para estar centrados no importante, que é resolver os problemas dos veciños e sacar adiante os proxectos que temos entre mans», salienta. Partido Popular da Estrada  ppdaestrada@gmail.com  636 244 725 (Juan Constenla) Por último, en relación aos postos de saída, José López valora que «polo balance do traballo realizado nos últimos oito anos e pola falta de consistencia e experiencia de xestión das demais candidaturas, o PP está en condicións de saír a gañar as eleccións municipais co obxectivo realista de incrementar o número de concelleiros». Ao respecto, confirmou que presentará a candidatura completa nos vindeiros días.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta