Mañá abre o prazo para solicitar as axudas a emprendedores do Concello da Estrada

Mañá, 17 de abril, abrirá o prazo para solicitar as axudas a emprendedores do Concello da Estrada ás que poderán optar as empresas locais de nova creación. Este prazo permanecerá aberto ata o vindeiro venres 3 de maio.

O importe máximo ao que optan os solicitantes é de 2.000 euros por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras. Esta liña de investimento municipal ten por finalidade subvencionar parte dos gastos da posta en marcha de novas empresas na vila.

Poderán solicitar estas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes) que iniciasen a súa actividade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do pasado ano sempre que cumpran unha serie de requisitos, como posuír o domicilio fiscal e social na localidade, que a empresa sexa viable e de nova creación e que ningún dos socios teña débedas coa administración, entre outros.

As persoas interesadas en participar no proceso deberán presentar a solicitude no Rexistro ou presentala a través da Sede Electrónica do Concello; única vía hábil para as persoas xurídicas. Antes de conceder as subvencións teranse en conta diferentes cuestións á hora de realizar o baremo, como a pertenza dos solicitantes aos colectivos que presentan maiores dificultades de inserción laboral.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta