López opta pola «experiencia e a estabilidade» para tratar de lograr «unha maioría máis ampla»

• Alberto Blanco e Amalia Goldar ocupan os postos 2 e 3, respectivamente, nunha lista na que hai 10 mulleres e 14 homes

• Gonzalo Louzao (10º), Alfonso Figueiras (11º), Jéssica Rodríguez Calviño (14º) e Beatriz Pazos Alonso (15º) son as principais novidades dunha candidatura que conta con Valentín García Gómez como primeiro suplente

• «Este equipo de traballo foi o que fixo posible a gran Estrada que estamos a construír, polo que non era preciso ningunha revolución», subliña López

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, anunciou hoxe a composición da candidatura para as Eleccións Municipais do 26 de maio, que estará conformada por 21 titulares e tres suplentes e que avoga pola «experiencia e a estabilidade» para tratar de lograr «unha maioría máis ampla». Fronte aos «líos internos» dos gobernos doutros concellos e «ao experimento de incerto futuro» entre forzas de «dubidosa convivencia política e nula experiencia de xestión», José López defendeu a aposta por «unha candidatura previsible e solvente, que ten no seu haber unha folla de servizos bastante meritoria». «Este equipo de traballo foi o que fixo posible a gran Estrada que estamos a construír, polo que non era preciso ningunha revolución», destacou. En relación coa candidatura, cómpre salientar que está integrada por 10 mulleres e 14 homes, que a media de idade é de 46 anos e que as principais variacións son o ascenso de Gonzalo Louzao Dono ata o posto número 10; a incorporación de Alfonso Figueiras Rey no posto número 11; a entrada de Jéssica Rodríguez Calviño e de Beatriz Pazos Alonso nos postos 14 e 15, respectivamente; e o paso de Óscar Durán ao número 12 e de Nemesio Rey ao número 17.

1.- José Carlos López Campos: 45 anos, veciño da Estrada, empregado de banca

2.- Alberto Blanco Carracedo: 56 anos, veciño da Estrada, avogado, farmacéutico e empresario

3.- Amalia Goldar Cora: 52 anos, veciña da Estrada, avogada

4.- Anxos Pais Carbia: 38 anos, veciña de San Miguel de Cora, gandeira

5.- Juan Constenla Carbón: 53 anos, veciño da Estrada, enxeñeiro técnico agrícola

6.- Miguel Óscar Rancaño Brañanova: 56 anos, veciño da Estrada, médico

7.- María del Carmen Durán Lea: 50 anos, veciña de Santeles, traballadora do agro e ama de casa

8.- Ismael Pena Villamor: 42 anos, veciño da Estrada natural de Rubín, avogado (traballa como axente de seguros)

9.- Lucía Seoane Rosende: 39 anos, veciña de Matalobos, empregada de Correos

10.- Gonzalo Louzao Dono: 25 anos, veciño de San Xurxo de Cereixo, licenciado en Ciencias Políticas

11.- Alfonso Figueiras Rey: 54 anos, veciño de Riobó, carpinteiro

12.- Óscar Durán Barros: 47 anos, veciño da Estrada, empresario

13.- Manuel Magariños Maceiras: 49 anos, veciño da Estrada, empregado dun centro comercial

14.- Jéssica Rodríguez Calviño: 30 anos, veciña de Aguións, dependenta no sector da construción

15.- Beatriz Pazos Alonso: 30 anos, veciña da Estrada natural de Arnois, monitora de tempo libre

16.- José Manuel Blanco Sanmartín: 50 anos, veciño da Somoza, funcionario no Concello de Meis

17.- Nemesio Rey Pazos: 57 anos, veciño de Guimarei, responsable da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

18.- Rocío Blanco Mosquera: 32 anos, veciña da Estrada, traballadora do Concello da Estrada e presidenta local de NNXX

19.- José Manuel Sueiro Loureiro: 46 anos, veciño de Ouzande, chófer/condutor

20.- Laura Baliño Gómez: 47 anos, veciña de Lamas, traballadora do Concello da Estrada

21.- Solicita Duro Barcala: 69 anos, veciña de San Xurxo de Vea, ama de casa

1ºS.- Valentín García Gómez: 48 anos, veciño da Estrada, secretario xeral de Política Lingüística

2ºS.- Luis Rey González: 49 anos, veciño da Estrada, traballador do sector do transporte

3ºS.- Montserrat Carracedo Goldar: 49 anos, veciña da Estrada, funcionaria da Xunta de Galicia

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta