44 equipos disputarán as finais de minibasket o 1 e 2 de xuño na Estrada

44 equipos e máis de 1.000 participantes se darán cita na Estrada o 1 e 2 de xuño na Estrada para disputarse as finais de minibasket. O torneo desenvolverase dende as 9:30 horas da mañá ás 21:00 horas da tarde nas instalacións do pavillón Manuel Coto Ferreiro, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.

Esta será a cuarta ocasión na que se celebre este evento na vila. Un día grande de festa para a Estrada que enche de vida os pavillóns, tal como expresou o alcalde, quen lembrou que non só se trata dun evento deportivo, senón que ten incidencia no plano cultural, turístico e económico de cara á localidade nunha fin de semana na que se poden chegar a xuntar máis de 3.500 persoas, tendo en conta a familiares e acompañantes dos participantes.

A Estrada conta con instalacións de primeiro nivel de cara á organización deste tipo de eventos, no que se precisa tamén das instalacións da AGASP para dar cabida aos 32 oficiais e 25 árbitros que chegarán de distintos puntos da comunidade para participar neste evento. Queda pendente a construción dunha pista de atletismo que o alcalde se esforzará en conseguir, tal como expresou.

A celebración deste tipo de eventos perseguen fomentar o deporte, e principalmente o de base, co que a corporación local está totalmente involucrado, xa que inflúe en diversas áreas sociais, ademais do ámbito puramente deportivo; unha crenza expresada por López e reafirmada polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.

Ao tomar a palabra, Martín explicou que durante a fin de semana non só se celebran estas finais, senón que se disputará un torneo de babybasket entre nenos a partir de 6 anos e se clausurarán tanto a tempada de baloncesto como a promoción O baloncesto educa; un proxecto de formación con valores no que participaron 8 equipos.

Para concluír, advertiu de que está totalmente prohibido acceder con vuvucelas ao evento, debido a que poderían intimidar aos nenos cando o fin último é que se divirtan e non que estean sometidos a presión.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta