Os pequenos escritores da vila serán premiados o martes na Festa das Palabras

Os escritores máis pequenos da vila recibirán o vindeiro martes, 4 de xuño, os premios do VI concurso de microrrelatos e micropoemas da Festa das Palabras. A entrega de premios comezará ás 20:00 horas no Teatro Principal e os gañadores recibirán un exemplar do libro que conterá os textos gañadores e un caravel branco, segundo informou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

Os exemplares do libro conterán os textos dos 61, saídos das diferentes categorías e centros implicados gañadores desta edición, ademais de 14 ilustracións realizadas polos alumnos de primaria dos sete colexios, segundo apuntou o profesor do colexio de Lurdes, Víctor López.

Esta festa das palabras, organizada polos equipos de dinamización lingüística da lingua galega de todos os centros educativos da localidade, non é a única actividade desenvolta por este grupo. Dinamizaestrada tamén leva a cabo o proxecto Videoconectad@s; un programa de videoconferencias mediante o cal, o alumnado de secundaria prepara unha serie de temas de distinta índole e o expón aos alumnos de primaria, relacionando directamente ao galego coa modernidade e a tecnoloxía.

Durante a xornada terán lugar outras actividades, como unha exposición de debuxos realizadas polos nenos de primaria, que estará situada á entrada do Teatro Principal e a intervención musical de Decotío Gaiteiros, agrupación que amenizará a festa.

Compárteo!

Deja un comentario