FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

Este vindeiro sábado día 8 e ata o 28 deste mes de xuño, a EMAE levará a cabo as súas exhibicións de fin de curso, un total de cinco estreas que porán en escena os cinco grupos matriculados na escola e que servirán para pechar o curso lectivo 2018-2019.

 

Serán os Grupos Infantil 1 e 2 os encargados de erguer o pano esta fin de semana cunha exhibición de danza-teatro. O sábado, a partir das 20.00 h, no Teatro Principal, porán en escena, respectivamente, A máquina do tempo e Mito vs. Tecno. Dous espectáculos dirixidos polas profesoras Paula Quintas e Akira Valero e interpretados polos nenos Lía Rey, Alessandra Illobre, Xiana Otero,  Lucas Taboada,  Helena Miranda,  Clara Rey, Estela Riera,  Violeta Núñez,  Aldara Mato,  Marta Correa,  Inés López,  Catalina Álvarez,  Santiago Loureiro, Lía Vázquez, Uxía Vilariño, Andrés Díaz, Marcela Torrado, Alma Diéguez, Paula López, Paula Puente, Hugo Ríos, Mariana Torrado, Roi Álvarez, Sara Núñez,  Clara González,  Cristian Conti, Carla Penide, Borja Gorís, Lara Rey, Antía Campos, Miguel Basteiro, Carlota Picáns e Nerea Campos, todos con idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos.

 

Tomará o relevo o domingo 16 de xuño ás 21.00 h, o Grupo de Adultos coa peza de Valle-Inclán, A rosa de papel e, posteriormente, os Grupos Xuvenís 2 e 1 porán en escena Pim pam pum, o día 26 de xuño ás 19.00 h, e Grita!, o día 28 ás 20.00 h, respectivamente. Todas as exhibicións con entrada de balde.

Compárteo!

Deja un comentario