A EMAE ESCENIFICA A VALLE INCLÁN

Este vindeiro domingo día 16 de xuño ás 21.00 h no Teatro Principal, o Grupo de Adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas porá en escena A rosa de papel, unha peza de Valle Inclán que naceu como un melodrama para marionetas incluído dentro do Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte. Esta obra servirá de exhibición de fin de curso pechando o pano a oito meses de clase. Dirixida por Anabell Gago, a montaxe está interpreta por Aranza Barreiro, Ángela Sanmartín, Ana Rivadulla, Anxos Pais, Manuel Rebolo, Dori Carbia, Fina Raposo, Rosa López, Sabela Arca, Santiago Agra e Serxio González. As entradas serán de balde ata completar a capacidade do teatro.
 
Por outra banda a unidade de produción da Escola de Artes Escénicas levará a obra Contiños da terra, de Manuel García Barros, á Fundación Paco Lareo en Piloño o vindeiro xoves día 20 e ao local social de Lamas o venres 21 pechando o ciclo de primavera do Teleclub da Comedia.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta