Rapa das Bestas pecha o programa 2019 con tres curros e preto de 25 actividades nos cinco días de festa

 As entradas para as rapas xa se poden adquirir on line, a un
prezo de dez euros, a través da plataforma Eventbrite
 Senllas imaxes de Sindo Novoa e de Antonio Pedrosa ilustran
os cartaces do certame, que se presenta o 21 en Madrid

 

A Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo vén
de pechar definitivamente o programa da edición 2019, que se desenvolverá entre o
xoves 4 e o luns 8 de xullo, cunha configuración na que se manteñen os tres curros tradicionais e que inclúe preto de 25 actividades diversas nas cinco xornadas da festa.
O programa arrancará o xoves 4 á noite coa 10ª Gala na honra dos aloitadores, que dará paso, xa ao día seguinte, á misa de San Lourenzo ás 6.30 horas e a saída ao monte dende O Celeiro, media hora despois, para buscar as bestas. Como é habitual,
 greas congregaranse no Peón e encamiñaranse cara o Castelo, antes dun tempo de asueto para, xa as 23.00 horas, comezar coas primeiras actuacións do Festival Rapasons con Tanto nos Ten, Monolious Dop, Os Benignos e Funkiwis.
Xa o sábado 5, haberá xuntanza ás 11.00 horas no Celeiro para baixar as bestas coa previsión de que entren na aldea sobre as 14.00 horas. Pola tarde, sobre as 19.00 horas celebrarase a primeira rapa do ano e as persoas interesadas en asistir –tanto a este como aos demais curros– xa poden adquirir on line as súas entradas, a un prezo de dez euros, a través da plataforma Eventbrite.
Na xornada sabatina, as actuacións do Rapasons, que este ano conta cun cartel moi
 con ata vinte grupos distintos durante toda a fin de semana, corresponderáná Banda de Música Cultural da Estrada, Mekanika RollingBand, Tequexetéldere eAiriños de Caldelas, así como ás orquestras Gran Parada e D´Moda na verbena.
O domingo 6 celebrarase a segunda rapa ás 12.00 horas e o resto da programación será eminentemente musical con Rosa Cedrón, Airiños de Caldelas e Festicultores, asesión de Foliada con Oradaladou, Pandereteiras  do Val de Quireza con Foula, os temas de Pablo Díaz para o público infantil, De Vacas e Os Carunchos e a verbena da man de New York e Miramar. Ademais, e ao igual que na xornada do sábado, haberá
xogos para a cativada no Campo do Medio en quendas de mañá e tarde.
Finalmente, o luns 8 será a xornada de clausura coa súa programación habitual, que inclúe o terceiro curro ás 12.00 horas, e cuxo fin solidario pecharase nos vindeiros
días, o acompañamento musical de Airiños de Caldelas e, xa pola tarde, a solta dasbestas cara os montes da bisbarra. En calquera caso, dende a organización apúntaseque toda a información pode consultarse, de xeito actualizado, a través da páxina web www.rapadasbestas.gal e dos perfís oficiais nas redes sociais Facebook e Instagram.
Xa co programa pechado, A Rapa das Bestas de Sabucedo está a intensificar as labores de promoción desta festa internacional, que comezaron paseniñamente dende
a sua presenza en Fitur o pasado mes de xaneiro. As mesmas xiran en torno aos cartaces promocionais da propia Rapa e do festival Rapasons, que nesta edición están ilustrados con imaxes de Sindo Novoa e Antonio Pedrosa, respectivamente, aos que a asociación quere agradecer a súa colaboración. E ademais, xa está pechada a presentación oficial desta edición, que terá lugar o vindeiro venres 21 ás 19.30 horas no salón de actos do Centro Galego de Madrid coa presenza de medios decomunicación, bloggers, axencias de turismo, touroperadores e autoridades.
Colaboración con Helvetia para os seguros
Noutra orde de cousas, a asociación vén de asinar un acordo de colaboración coa entidade Helvetia Seguros por medio do seu axente de A Estrada-Inversia Seguros.
Con esta medida, A Rapa das Bestas de Sabucedo consegue unificar e abaratar todas as pólizas de seguro que ten o colectivo. A presentación de dito acordo terá lugar na sede de Helvetia Seguros na Estrada o vindeiro martes, 18 de xuño, ás 12.00 horas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta