Presentación convenio Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo – Inversia Seguros (Helvetia)

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo e Inversia seguros, Axente exclusivo Helvetia en A Estrada, asinaron esta mañá un convenio mediante o cal se acorda que Helvetia sexa a aseguradora oficial da asociación e dos eventos que ésta organiza.

Co citado acordo, a Asocación Rapa das Bestas de Sabucedo consegue unificar e abaratar as súas pólizas, depositando en Inversia a confianza na xestións dos seus riscos.

Helvetia asegurará todos os riscos propios da actividade da asociación, tales como os danos a terceiros producidos pola grea de bestas que lles pertencen, os vehículos da asociación e inclusive os riscos da organización da festa de interese turístico internacional que se celebrará os vindeiros 5,6,7 e 8 de xullo.

A dirección de Inversia ten éste convenio como un paso máis de crecemento da empresa e móstrase orgullosa de participar de forma activa da man dunha asociación tan importante para A Estrada, que é referente á hora de poñer en valor a nosa vila en todo o mundo.

Pola súa banda Xosé Henrique Bazal Bouzas presidente da Asociación Rapa das Bestas mostrouse moi satisfeito de colaborar cunha entidade do prestixio de Helvetia e cun xoven emprendedor estradense: Alejandro García García Rios, así como co seu equipo de profesionais.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta