FESTAS SAN BENITO MATALOBOS 2019

ACTUACIÓN DA BANDA DE MÚSICA DA ESTRADA.

A Banda de Música Estradense actuara coa RECREACIÓN DA BATALLA DE MATALOBOS , en dita parroquia dun modo enorme os horrores da invasión francesa, a principios do século pasado. Nos libros de defuncións do arquivo parroquial pode lerse o seguinte: o 5 de marzo de 1809, a de Andrés Rosende, esburatado a balazos; o mesmo día as de Francisco e Juan Sueiro, Gregorio Sueiro, Bonifacio Carbia, Jacobo Rivas, Juan Balado, Domingo Antonio Diéguez, Alonso Chedas, Jacobo da Ponte e o seu fillo de 14 anos Juan da Ponte; Francisco de Neira, Domingo de Carbia, Valentín Carbia, Jacobo de Chedas, Francisco de Souto, Leandro de Souto, Diego de Graña e María Collazo; o día 11 do mesmo mes e ano inscribiuse a defunción de Sinforosa de Chedas; e o día 14 a de Francisco de Souto; todos vítimas das balas inimigas. O 9 de abril de 1809 tamén foi asasinado polos franceses o presbítero D. Francisco Rivas.

Sobran os comentarios para esta páxina horrenda de sangue e sacrificio; limitémonos a sinalar que o citado día 5 de marzo de 1809, foi tal a carnizaría en Matalobos que, segundo deixou escrito o párroco daquela data, «por non caber os cadáveres dentro da igrexa houbo necesidade de enterrar fóra os de dous descoñecidos que se pensa que eran de Tabeirós».
Cóntase que os franceses, ao pasar pola Cruz, camiño de Cuntis, colocaron a súa bandeira nun alto, pero os de Matalobos substituírona decontado pola nosa; feito que deu orixe aos sucesos sanguentos de que se fixo mención. Aquelas pobres xentes sentiron rebulir nos seus peitos o amor patrio; pero, por carecer completamente de armas, foron asasinados sen defensa.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta