O comité executivo da Fundación aproba a contratación de varias melloras no recinto

Os integrantes do Comité Executivo da Fundación de
Exposicións e Congresos da Estrada acordaron nunha reunión celebrada onte aprobar
os pregos de contratación de diferentes melloras que se pretenden realizar no recinto
feiral.
Ditas melloras achéganse aos 20.000 euros de investimento global, que serán
financiados pola Xunta de Galicia (12.000 euros IVE incluído) e pola Deputación de
Pontevedra (7.260 euros IVE incluído).
Os pregos de contratación para optar á execución das diferentes obras, que
consistirán en tarefas de pintado exterior, substitución da iluminación convencional por
proxectores LED, etc., poden consultarse na páxina web www.feiradomoble.gal (Fecae
– Transparencia – Concursos/Licitacións/Contratacións).
As empresas que desexen optar á contratación dos distintos lotes de traballos
disporán de prazo para presentar a documentación requerida ata o vindeiro mércores
10 de xullo.

Compárteo!

Deja un comentario