A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo distingue na 10ª Gala a Sindo Novoa, Javier Quintillán, Estrella Galicia e Tequexetéldere

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo celebrou hoxe no
interior do curro a décima edición da gala na que distingue a persoas e entidades quecontribuíron e/ou contribúen a ensalzar a tradición da Rapa e todo o referente á parroquia deSabucedo.
Nesta ocasión, os galardoados na gala, que foi presentada pola xornalista Marga Pazos, forono fotógrafo Sindo Novoa, autor da fotografía que ilustra o cartel deste ano; o aloitador Javier Quintillán, que presidiu a asociación entre 2006 e 2009; Estrella Galicia, que nos últimos anos
implicouse a fondo na promoción da festa; e a agrupación folclórica Tequexetéldere, polo laborde recuperación do folclore tradicional e polo seu vencellamento á propia Rapa.
Aínda que as actividades máis características da Rapa arrancarán mañá ás 6.30 horas coa misa na honra a San Lourenzo, patrón da parroquia, e a posterior subida ao monte na procura das bestas, o ritmo habitual de Sabucedo comezou a alterarse notablemente hoxe
coa chegada de máis campistas, coa actividade dos profesionais dos medios de comunicación,oa instalación dos postos de comida e venda ambulante co retorno de moitos veciños e familiares que residen fóra o resto do ano.

SEMBLANZA DOS PREMIADOS
SINDO NOVOA
Fotógrafo, informático e gaiteiro, non sempre na mesma orde. Os seus comezos na fotografía remóntanse a cando era un neno, collía a cámara que os seus pais mercaran en Canarias e xogaba a facer fotos cando non tiña o carrete posto. Máis tarde nun curso de EXB fixo un taller
de fotografía e con 9 anos regaláronlle a súa primeira cámara. Tras deixar a fotografía un pouco de lado polos estudos, o traballo e a música, finalmente no 2013 mercou unha cámara réflex coa que definitivamente cambiou a mentalidade para intentar plasmar o que buscaba
fotografar en cada momento. Durante estes anos nos que alterna a fotografía co seu traballo de informático fixo colaboracións con algún bloggers e medios dixitais coñecidos, que buscan as
fotos de Sindo Novoa para ilustrar as súas novas sobre eventos realizados na Coruña (como pode ser o caso do Huffington Post con fotos dun concerto de Dorian ou “TuPlace” nun concerto de Xavier Díaz). Sindo Novoa utiliza as redes sociais para mostrar o seu traballo fotográfico e a día de hoxe ten case 4.000 seguidores en Facebook e pouco mais de 4.200 en
Twitter. Dende 2016 colabora na Cadena Ser da Coruña nun espazo chamado “Os Tuiteros”, onde comentan noticias da Coruña que teñen repercusión en Twitter.
Os últimos anos foron varios os recoñecementos que recolleu coas súas fotos, destacando os seguintes:
• Premio no concurso NadalEnTranvias organizado por Tranvías da Coruña
• Terceiro Premio no Concurso de Fotografía AGACS 2017 organizado pola Asociación
Galega dos Amigos do Camiño de Santiago.
• Terceiro Premio no II Concurso Fotográfico “Olladas de Igualdade” organizado polo
Concello da Rúa (cunha foto onde sae Lucía, aloitadora de Sabucedo).
• Publicación no Blog Punto de Enfoque do Periódico “El Pais” dunha foto de “A Rapa
das Bestas” ao ser elixida para formar parte da Galería das 30 mellores do Concurso
#MiMejorFoto, de entre 1.800 fotos que se recibiron.
• Unha foto da Ponte do Milenium de Ourense foi elixida para ilustrar a portada do xogo
Monopoly Edición Galicia.
JAVIER QUINTILLÁN REGUEIRO
Javier naceu en Pontevedra o 8 de agosto de 1959. Alí fixo a súa vida e realizou os seus
estudos de Bacheralato. En 1982 marchou a estudar Turismo á Coruña. Á súa volta traballou
en Pontevedra en negocios familiares relacionados co mundo da hostalaría ata a actualidade.
Aínda que non naceu nin se criou en Sabucedo, sempre tivo un vínculo especial coa parroquia.


Na súa infancia e adolescencia, principalmente no verán, pasaba en Sabucedo longas
tempadas, incluso veráns enteiros na casa da súa avoa “A Ferroa”. De Sabucedo ten moitas
das súas mellores lembranzas, da súa vida cos seus amigos. Como non acordarse de todos aqueles momentos facendo trastadas na Chousa co seu amigo Berto. Como esquecer as súas idas e voltas ao río a coller troitas á man co seu gran amigo Samuel. Javier é da vella escola de
aloitadores “os do Curro Vello”. Alí a mediados dos anos 70, da man do mellor mentor posible, Luís de Armada, iniciouse e forxouse como aloitador; el foi quen lle meteu na sangue o “veleno”
que levan dentro aqueles que sinten a Rapa. Durante uns anos, por aquilo de “coller moza”, as súas visitas a Sabucedo limitáronse aos días da festa e pouco máis. Co tempo tivo dúas fillas
ás que intentou trasmitirlles o agarimo por Sabucedo e, ao mesmo tempo, darlle a oportunidade de gozar de experiencias únicas e inesquecibles nesta aldea, polo que retoma o contacto coa
vida social na parroquia. No ano 2003 é nomeado secretario da Asociación Rapa das Bestas ata o ano 2005. No 2006 é elixido presidente da mesma, cargo no que permaneceu ata o ano
2009. Na actualidade goza da paz e a tranquilidade da aldea e da compañía de amigos e veciños.
AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA TEQUEXETÉLDERE
A Agrupación Folclórica Tequexetéldere nace no ano 1990 no seo da Fundación Cultural daEstrada. Dende os seus comezos tivo claro que gran parte do seu esforzo tiña que encamiñarse á conservación e recompilación de todo o concernente á nosa etnografía (cantos,bailes, músicas, xogos, vestimentas, etc.) que teñan como prolongación o traballo que
desenvolve enriba dos escenarios en cada unha das súas actuacións. Este traballo comeza a desenvolvelo primeiramente no seu propio concello coa recollida en parroquias como Montillón,
Codeseda, Baloira, etc. Continuará esta investigación nos concellos limítrofes como Forcarei, Cuntis ou Lalín, chegando a abarcar en recollidas posteriores lugares dos concellos de toda a nosa xeografía. Con todo este material Tequexetéldere non só traballa para el, senón que tenta
amosar ese saber e ensinalo nas súas escolas de baile, música e canto. Facendo este traballo quérese resaltar o papel das escolas, tan importante na formación das xentes que compoñen
Tequexetéldere. Ademais deste traballo de investigación, e un pouco como complemento, esta agrupación desenvolve outras actividades complementarias. No ano 1996, Tequexetéldere organiza unha Mostra Etnográfica entre os días 16 e 19 de maio que leva por nome “A Vida
Cotiá”, unha mostra da nosa cultura e como se vivía na Galicia de finais do século XVIII ecomezos do XIX, e pola que pasaron un total de 2.800 visitas.  Catro anos máis tarde, no ano
2000, Tequexetéldere organiza, do 8 ao 16 de abril, a segunda Mostra Etnográfica en colaboración co Museo do Pobo Galego que leva por nome “A Indumentaria”, e onde un total

de 3.200 visitas, poñen o broche de éxito a unha mostra onde se poden ver traxes de tódalas épocas, así como o proceso de elaboración do liño e a estopa, teares en funcionamento e actuacións de diversos grupos folclóricos.No ano 2002 e 2003 organizan a mostra de
pandereteiras que levaba por nome “De Rueiro en Rueiro”, por onde pasaron grupos  como Cantigas e Agarimos, Soalla e Axerxileiras, entre outros. Na actualidade, e dende o ano 2005,
polo mes de maio organizan o concurso de Baile Tradicional, onde arredor de 30 grupos debaile, en diferentes categorías amosan o traballo realizado ao longo do ano. Este traballo vese recompensado con distintas actuacións por toda a xeografía galega e tamén de Portugal, Asturias ou Murcia entre outras, así como na TVG (Luar, Galicia Enteira, Desde Galicia para o
mundo, etc.). Froito de todo este traballo é o espectáculo que Tequexetéldere ofrece nas súas actuacións cantos, músicas, bailes e vestimentas que tentan dun xeito o máis fidedigno posible
asemellarse ós costumes dos nosos antergos. Tequexetéldere conta con máis de 250 premios e recoñecementos en todos estes anos, pero por nomear algún deles podemos decir que
gañaron varias veces o Concurso de Baile Tradicional de Catoira, o Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina, Concurso de Baile Tradicional de Cantigas e Agarimos, Concurso do
Concello de Lalín, Concurso de Baile Tradicional de Laracha ou o Concurso de Baile
Tradicional de Vilagarcía. En canto ás actuacións, cabe destacar a das Festas do Apóstolo de Santiago, o Internationaal Folklorefestival Hasselt en Bélxica, a 42 edición do Festival Intercéltico de Lorient, LX Festival Internacional del Folclore, LXX Sagra del Mandorlo in Fiore
en Agrigento Sicilia (Italia), varios festivais folclóricos en Portugal (San Joao de Ovar, Anadía– Aveiro, Guimaraes, Santo Tirso, Vilanova de Famaliçao…) e tamén a nivel nacional, fóra de
Galicia (Murcia, Asturias, Miranda de Ebro, Sestao, Toledo, Ibiza, Zamora, Huesca, Mallorca ou Castellón). Tamén actúan todos os anos na Festa Gastronómica do Salmón, e na Rapa das
Bestas de Sabucedo.
ESTRELLA GALICIA
A ninguén se lle escapa que Estrella Galicia envorcouse coa Rapa das Bestas nos últimos anos. No seu afán por defender e apoiar os valores das tradicións galegas e principalmente as
máis auténticas e diferentes, desenvolveu un proxecto de amplificación da Rapa que chegou a todos os currunchos de Galicia. En 2017 unha gran campaña en publicidade exterior inundou
as poboacións de Galicia coa imaxe do “Makelele” o mítico cabalo de Sabucedo, e cun vídeo protagonizado por Pepe Suevos e Sheila como mestra aloitadora, así como Rosa ou Manuel no
seu debut como actores, conseguiu poñernos na pel dun aloitador novel, moi novel neste caso. A cobertura e notoriedade desta campaña na TVG, prensa, vallas, redes sociais… puxo o foco en Sabucedo semanas antes da festa.

Ademais, preto do curro, con “A Rapa das Testas” logrou divertir, sorprender e rapar a todo o que se achegou á súa perrucaría. O ano pasado Estrella Galicia cruzou o charco para buscar un aloitador que se atrevera a competir cos auténticos aloitadores de Sabucedo. Un intrépido
mexicano acercouse ao curro na procura do seu minuto de gloria. O que conseguiu foi amosar que “Loitar” é una cousa, pero “Aloitar” é una historia diferente. A actividade que ese ano cativou aos visitantes a Sabucedo foi unha academia de aloitadores, onde a proba de lume era
unha besta mecánica. Con Víctor Grande como mestre da academia, foron uns 200 os graduados ese ano, que levaron o diploma acreditativo e unas camisetas que aínda hoxe vemos por toda a xeografía galega.

Compárteo!

Deja un comentario