O BNG ESÍXELLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE ACTIVE OS DESBROCES EN NÚCLEOS POBOADOS.

Susana Camba, voceira municipal do BNG, insta ao goberno do Sr. López a que faga uso dos procedementos pertinentes para urxir de forma imperativa aos propietarios de terreos que aínda manteñen sen limpar as  franxas de seguridade contra incendios e que aínda non o fixeron. Esta situación potencialmente perigosa afecta  á  vivendas de persoas que,  nalgúns casos, incluso  teñen presentado un requirimento no concello informando da situación,  pero que non tivo efecto ata o momento.
 
Insiste Camba en que é unha situación, ademais de prexudicial, polo perigo que significa, contraditoria coas normativas postas en vigor pola Consellería De Medio Rural, circunstancia que se repite tamén noutros ámbitos nos que vemos como está vixente unha morea de normas pero que en poucos casos se obriga a darlles cumprimento.
 
Desde o BNG insisten en que as administracións competentes neste tema, como a Xunta e o concello, fagan que se cumpra a obriga de manter limpas estas franxas de seguridade para evitar episodios desgraciados, como teñen acontecido. Esixen  que ámbalas dúas  cumpran coas obrigas que lles  corresponden no cumprimento das franxas de protección dos viais que son da súa competencia. » Resulta irónico que o PP, que foi quen aprobou estas medidas contra incendios, sexa  o  primeiro  en incumprilas», afirma Camba.
 

«Ademais, desde o BNG esíxenlle ao goberno local do PP que presione ao goberno galego para que poña en marcha unha política forestal que revalorice todos os valores asociados ao monte e abandonemos o modelo que temos hoxe en día,  onde só se potencia a madeira para pasta de papel en detrimento doutros sectores económicos e dos valores medioambientais do monte; esta política forestal é a causa do abandono do monte e dos problemas asociados a el, dixo Susana Camba»

— 

BNG da Estrada

Compárteo!

Deja un comentario