O BNG RECLAMA MANTEMENTO DOS APARCADOIROS DA CASA DAS LETRAS E DA AVENIDA DE AMÉRICA

O BNG ponlle voz ás queixas veciñais sobre o desastroso estado no que se atopan os aparcadoiros da Casa das Letras e o da Avda de América.

A voceira nacionalista Susana Camba, reclama do goberno municipal do sr. López que se actúe xa sobre estes dous aparcadoiros públicos para que poidan dar o servizo aos veciños e veciñas nunhas condicións minimamente aceptables.

Di Susana Camba que en ambos os dous aparcar resulta unha aventura pouco menos ca imposible, sobre todo no da Avda de América no que é absolutamente imposible librarse das infinitas fochancas que ten.

Tanto nun coma no outro dáse a circunstancia de que prestan servizo  en puntos estratéxicos para o día a día da veciñanza : o da Casa das Letras nas proximidades do Concello e das entidades bancarias e o da Avda de America nas inmediacións de Centro de saúde.

O BNG lémbralle ao sr. López que o feito de que abrise o da Praza do Mercado non lle dereito ó abandono das outras opcións, que polo que Camba argumenta son absolutamente necesarias para os veciños e veciñas.

Pensamos desde o BNG que se están vendo as consecuencias de non priorizar debidamente os investimentos. O abandono do goberno do PP con estas áreas é un exemplo da ausencia de proxecto.  Demostran unha irresponsabilidade intolerable ao investir uns cartos que non son seus, senón de  tódolos e tódalas estradenses. É dicir, que hai diñeiro para desfacer para desfacer a Alameda histórica e a Praza do Concello en obras faraónicas para mellor gloria do alcalde pero non o hai para o mantemento das infraestruturas, o que nos deixa á veciñanza sen cubrir unha necesidade tan inmediata como uns aparcadoiros decentes.

 

— 

BNG da Estrada
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta