San Xurxo de Vea celebra este venres a súa IX Noite Folk

A IX Noite Folk de San Xurxo de Vea reúne este vernes, 30 de agosto, a catro grupos sobre o escenario. A partir das 22.00 horas, actuarán Lupe Blanco Regheifeir@s, Os Regatos (Callobre), Os Carunchos (Vigo) e Airiños da Freba (Lugo). A cita, organizada pola Asociación Cultural San Xurxo de Vea, foi presentada este xoves no establecemento da Ferretería Diego, unha das firmas que colaboran co festival. Haberá zona de acampada e aparcamento. As aportacións voluntarias a este último permitirán participar en sorteos de diferentes regalos doados por empresas patrocinadoras. A organización tamén vende rifas a 1 euro para dous sorteos de dous vales de 150 euros para gastar en Ferretería Diego. Os promotores agardan repetir a afluencia de público do ano pasado, cifrada nunhas 1.000 persoas.

 

Compárteo!

Deja un comentario