A Casa das Letras acollerá a presentación do novo libro de Manuel Blanco Desar

Mañá mércores 11 de setembro, ás 20.15 h, na Casa das Letras, terá lugar a presentación da novela escrita por Manuel Blanco Desar Fuxir de Proxeria.

Publicada por Edicións Fervenza, a novela trata, en clave futurista, o tema da crise demográfica, un problema que afecta non só á realidade europea senón á Galicia do século XXI.

Blanco Desar é economista, avogado e politólogo, especialista en temas internacionais, dereito da competencia e políticas públicas europeas. Tamén é membro da Comisión de Acción  Exterior do Consello da Cultura Galega e do Patronato do Museo do Pobo Galego.

No acto estará acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García e o alcalde da vila José López

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta