BASES XXV TORNEO DE TENIS CONCELLO DA ESTRADA

1. O Torneo rexerase polas normas da R.F.E.T.. É indispensable estar
en posesión da licenza federativa de tenis para o presente ano, para
disputar as probas federadas, non así para a proba mixta non
federada.
2. Probas a disputar: Absoluto e infantil (masculino e feminino en
tódalas probas se hai un mínimo de 6 participantes), e absoluto
mixto non federado.
3. Os cadros finais serán de 16 xogadores con 4 clasificados da fase
previa, se hai os suficientes xogadores inscritos. Os cadros de previa
son sen limite de prazas.
4. Xogarase a 2 sets con tie break e supertie break en lugar do terceiro
set. Por decisión do xuíz arbitro, poderase modificar o sistema de
xogo (segundo o regulamento técnico da RFET) por motivos de
tempo ou meteorolóxicos.
5. Os partidos xogaranse en pistas de moqueta, e poderase xogar
en pavillóns de pista dura, por causas meteorolóxicas; nas
instalacións do Concello da Estrada e se fose necesario utilizaríase
luz artificial.
6. As datas de celebración serán do 10 o 20 de outubro.
7. Se fose necesario podería ter que xogarse dous partidos o mesmo
día.
8. Para cada partido utilizarase un bote de pelotas que terán que
recoller na conserxería do Pavillón “M. Coto Ferreiro” e devolver ao
remate do mesmo.
9. É obrigación dos xogadores decatarse da data e hora dos seus
partidos. O Xuíz Árbitro poderá aplicar W.O. a todo xogador que
non se presente a xogar 10 minutos despois da hora oficial sinalada
para o seu partido.
10.Recoméndase a tódolos xogadores que teñan problemas de
horarios o comuniquen ó inscribirse.
11.Os xogadores en pista deberán vestir de forma regramentaria e
axustalo seu comportamento as normas do Código de Conduta.
12.Os resultados dos partidos comunicaranse aos organizadores, no pabillón
ou no telefono 696359226.
13. A data limite para a inscrición será o 4 de outubro as 16 horas. O
sorteo será o día 7 ás 16:00 horas.
14.As inscricións realizaranse on-line, na páxina de ibertenis, ou a
través do Concello da Estrada.
15.Os prezos das inscricións serán de 8 euros para os infantís, e de 10
euros para a categoría absoluta, non se cobrará inscrición na
categoría mixta non federada.
16.Tódalas cuestións que se susciten non determinadas neste
regulamento serán resoltas polo Xuíz Árbitro ou polos adxuntos que
el nomee para substituílo na súa ausencia. As súas decisións serán
inapelables.
17.DEREITOS DE IMAXE: Estas bases son públicas. A inscrición ou
participación no torneo supón a cesión dos dereitos de imaxe a:
Clube Escola de Tenis MVL e o Concella da Estrada por parte de
tódolos participantes na proba, sexan xogadores, adestradores,
membros da organización ou público. Todo aquel xogador,
adestrador, membro da organización ou público que non desexe
participar coa súa imaxe nos actos da proba excepto: fotografías
de entrada en pista, de grupo e entrega de trofeos, deberá
comunicalo por escrito a través dos canles de comunicación da
proba.
18.Organización:
Organiza Clube Escola de Tenis MVL
Absoluto mixto, Absoluto feminino, infantil (masculino e feminino)
Número de homologación 9 144
Director da proba: Óscar Vázquez
Xuíz árbitro: Marcos Vilasánchez
Adxuntos: Gonzalo Fernández, Daniel García,
Miguel Sánchez, David Conde, Manuel Miranda
Absoluto masculino
Número de homologación 9 145
Director da proba: Óscar Vázquez
Xuíz árbitro: Gonzalo Fernández
Adxuntos: Marcos Vilasánchez, Daniel García,
Miguel Sánchez, David Conde, Manuel Miranda

Compárteo!

Deja un comentario