O PSOE OPONSE AO GOBERNO NA SÚA INICIATIVA DE PRIVATIZAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO

López Bueno considera que “é unha man obra que lles evita xestionar o servizo, dese xeito o goberno desenténdese dos problemas da recollida e os veciños e veciñas pagarán o que a concesionaria considere oportuno”
O PSOE da Estrada oponse “frontalmente” á iniciativa do goberno de privatizar o servizo de recollida de lixo. O voceiro municipal dos socialistas
afirma que “é un completo disparate, hai
ano e medio renováronse os camións de recollida por 439.000 euros,
e agora preténdese externalizar a prestación do servizo”.
Tamén apuntan a que “estamos ante outra das
improvisacións do goberno, esperemos que este novo anuncio non se chegue a cumprir nunca, como tantos outros estudos que realiza o goberno municipal”.
López Bueno interpreta que “é unha manobra que lle permite ao goberno eludir as súas responsabilidades e evitar facer a xestión do servizo. O
que acontecerá se a iniciativa sae
adiante é que subirán os recibos que se lles cobra aos veciños e ás veciñas sen que aprestación do servizo mellore”.
O voceiro explicou esta conclusión, “as empresas privadas
buscanrendementos económicos positivos para repartir
os beneficios entre os seus socios,cando a xestión é pública aspírase a beneficio 0, cubrir os gastos da prestación do servizo sen
ter que dar beneficios”. O líder dos socialistas completou a súa explicación levando a análise ao caso da Estrada “A Estrada non é un concello atractivo para prestar o servizo de recollida de lixo por tres motivos:
temos un rural moi extenso, con un gran número de habitantes e con
moita dispersión de poboación, iso dificulta reducir os custos de prestar o servizo, e por iso non se poden obter resultados positivos sen cobrarlles máis aos veciños e ás veciñas”.
Os socialistas entenden que “de momento s ó se trata dunha idea”, pero móstranse preocupados porque o goberno non empezara por valorar outras iniciativas que manterían aprestación do servizo en mans do concello.“
Abrir o camiño das privatizacións unicamente serve para eludir a responsabilidade de xestión que ten o concello, cómpre atopar unhasolución que resolva os problemas de persoal, que mellore a calidade e a frecuencia darecollida e que non supoña un recibo máis caro
para os veciños e veciñas”

Compárteo!

Deja un comentario