NOITE DE ZARZUELA

Este sábado día 19 ás oito e media da tarde o Coro Liceo de Vilagarcía e a Banda de Cámara de Arousa porán en escena unha selección dos fragmentos máis coñecidos da zarzuela española como Verbena de la paloma, Gigantes y cabezudos, Barberillo de Lavapiés…  Serán preto de 50 persoas sobre o escenario con continuos cambios de personaxes e vestiario.  A entrada a 5,00€ pódese mercar no Departamento de Cultura ou en Calzados A Esquina.

O elenco está formado por: Solistas: Tamara Casás (soprano), José L. Prado (tenor), Julio Cores (barítono) e a colaboración de Loli Crespo (soprano). Actores e presentadores: Gonzalo Valcárcel e Diego Rubianes. Directora: Sonia Bouzada e arranxos e dirección musical: Santiago Fontes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta